Loitar equivale a vivir. Con cada amencer xorden arelas e propósitos que animan a vida e convidan a loitar por eles. Non che debe importar nunca cal sexa o humilde motivo ou cal sexa a inspiración moi sinxela que ateigue as horas da túa vida co fervor do que constrúe unha obra duradeira; non importa que, en apariencia, os teus esforzos se encamiñen ata un traballo que, mesmo de acordo coa túa opinión, está falto de valor, porque o auténtico, o positivamente humano e marabilloso e facer algo e facelo constantemente, dende o principio e rematalo. Se nas cousas de tódolos días chegas a acadar que o proceso da construcción se faga en ti unha costume, cando chegue o momento crítico das loitas máis hostís e das máis elevadas realizacións, atoparaste ben disposto e preparado, e saberás triunfar nas tarefas minúsculas e sinxelas da vida diaria.
O verdadeiro segredo dos triunfos definitivos está nos éxitos pequenos, pero moitas veces repetidos; está na costume da loita, acadada no traballo cotián, nesas batallas de cada minuto que garanten o vigor, a seguridade e a firmeza dos esforzos transcendentes da vida futura. Lograr, é onde está tamén o segredo da felicidade. Lograr aquelo que te propoñas para o mellor encamiñado da túa vontade, para a superación do teu espírito, para o máis abundante rendemento da túa acción, equivale a triunfar polo propio merecemento, ou o que é o mesmo: equivale a vivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario