viernes, 27 de abril de 2012

Anoitecer en Ourense


A felicidade non depende do que pasa ao noso arredor, senón do que pasa dentro de nós; a felicidade mídese polo espírito co cal lle facemos fronte aos problemas da vida.
A felicidade é un asunto de valentía; é tan sinxelo sentirse deprimidos e desesperados.
A felicidade é un estado da mente. Non somos felices ata que non decidamos selo.
A felicidade non consiste en facer sempre o que queremos; pero sí en querer todo o que fagamos.
A felicidade nace de pór os nosos corazóns no noso traballo e de facelo con ledicia e entusiasmo.
A felicidade non ten receita; cada quen cocíñaa coa sazón da súa propia meditación.
A felicidade non é unha pousada no camiño, senón unha maneira de camiñar pola vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario