lunes, 19 de marzo de 2012

A Ponte Romana - Ourense


A Ponte Romana de Ourense, tamén coñecida como Ponte Vella ou Ponte Maior é unha das mellores conservadas do país.

Está situada sobre o río Miño e une a zona centro da cidade de Ourense co barrio da Ponte. A súa orixe data do século I da cal só queda unha parte na base da Ponte.

Foi reconstruída tras derrubarse o arco principal no século XII. A última reforma foi no ano 1667 dirixida por Melchor de Velasco Agüero, e conserva os elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio. Nesta Ponte estivo unha torre defensiva que se mantivo en pé ata 1839 e que se demoleu xunto con outra xemelga, que dous ou tres anos antes construírase na marxe oposta pola guerra carlista. Esta torre aparece no escudo da cidade.

A Ponte conserva sete arcos dos once orixinais. Mide 5 metros de ancho e 370 metros de lonxitude. Durante moito tempo o seu arco central, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España.

Foi declarada monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961, publicada no BOE o 18 de abril dese mesmo ano.
Na actualidade, e trala súa peonización en 1989, é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a Catedral de San Martiño.
O tren turístico das termas pasa pola Ponte Romana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario